Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб EXHIBICIÓN DE DESCARGA DE AUGA | NOVA BASE AÉREA TRANSFRONTEIRIZA DE VERÍN - OIMBRA в хорошем качестве

EXHIBICIÓN DE DESCARGA DE AUGA | NOVA BASE AÉREA TRANSFRONTEIRIZA DE VERÍN - OIMBRA 1 месяц назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



EXHIBICIÓN DE DESCARGA DE AUGA | NOVA BASE AÉREA TRANSFRONTEIRIZA DE VERÍN - OIMBRA

Verín, Clave na Cooperación Galicia-Portugal coa Nova Base Aérea Transfronteiriza contra incendios Verín, 13 de agosto de 2024. O Concello de Verín, en colaboración coas diferentes autoridades galegas e portuguesas, acolleu hoxe a inauguración da nova base aérea de Verín-Oímbra, a primeira instalación transfronteiriza deste tipo entre España e Portugal, que xa está plenamente operativa. Esta infraestrutura, enmarcada no Proxecto europeo Interlumes, ten como obxectivo mellorar e intensificar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. “Ogallá que non sexa necesario utilizalas moito, pero cando sexa necesario teremos esta base, estes medios e a magníficos profesionais que van poder actuar a un lado e outro da fronteira”, apuntou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Rueda subliñou que esta nova base exemplifica a cooperación fluída e intensa co país luso, reforzando a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como exemplo de integración e dinamismo, e para dar un salto de calidade na extinción de lumes. Así, puxo en valor a necesidade de facer «proxectos transfronteirizos, aínda que non é nada sinxelo xa que requiren dunha tramitación moi complexa», polo que quixo dar as grazas a todos os que o fixeron posible. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, tamén expresou o seu «orgullo» pola inauguración desta nova base, que cualificou como un «proxecto pioneiro que reforza a loita transfronteiriza contra incendios e, ademáis, abre unha nova liña de progreso para a comarca e o norte de Portugal. «Esta instalación non só é útil no eido das emerxencias, senón que ten un gran potencial para desenvolver proxectos durante todo o ano, como escolas de pilotos de drons, formación en tecnoloxías para mellorar os cultivos e combater enfermidades, ou mesmo aviación deportiva. Son oportunidades que conectan a nosa mocidade coas novas tecnoloxías, sen esquecer as nosas tradicións». Por outra banda, Seoane salientou a importancia desta iniciativa, nacida da cooperación entre España e Portugal a través dos fondos POP-TEC. «O éxito radicou en crer na viabilidade do proxecto desde o primeiro momento e, grazas á xestión eficiente das administracións de ambos lados da raia, conseguimos facela realidade», apuntou. Tamén agradeceu á Xunta de Galicia pola súa eficiente xestión, que fixo posible a posta en marcha destas instalacións de gran potencial. A base aérea de Verín-Oímbra, na que se investiron preto de 5,5 millóns de euros –obra cofinanciada polo programa Interreg POCTEP–, está orientada principalmente aos traballos de extinción de incendios. Así, nela poden operar helicópteros e avións de carga en terra. O aeródromo dispón dunha plataforma de estacionamento para seis aeronaves de carga en terra e un heliporto para catro helicópteros, cunha pista de aterraxe de 1.200 metros. Ademais, conta con catro depósitos de auga e instalacións de carga de combustible. Así mesmo, as instalacións incorporan unha torre de control e un edificio de descanso con tres zonas diferenciadas para pilotos de avións, pilotos de helicópteros e brigadas contra incendios. Aposta pola mellora constante O presidente da Xunta fixo referencia á constante aposta por mellorar a prevención e loita contra os lumes, un obxectivo ao que o Goberno galego destina anualmente preto de 200 M€, dos que unha parte moi importante van para o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), operativo todo o ano e reforzado na temporada estival. Alfonso Rueda quixo agradecer tamén o traballo dos máis de 7.000 efectivos que integran o operativo contra incendios en Galicia, e fixo un chamamento á cidadanía para colaborar na detección e prevención, notificando calquera indicio de lume a través do número de teléfono 085. Pola súa parte, o alcalde de Verín destacou a importancia de contar cunha infraestrutura desta envergadura na súa localidade, e expresou o seu compromiso de «continuar traballando en novas iniciativas que potencien a cooperación transfronteiriza».

Comments