Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб Pleno infantil 2024 в хорошем качестве

Pleno infantil 2024 5 месяцев назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



Pleno infantil 2024

🎓👦 𝗢 𝗣𝗹𝗲𝗻𝗼 𝗜𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹 𝗱𝗲 𝗩𝗲𝗿𝗶́𝗻 𝗽𝗼𝗻 𝗼 𝗳𝗼𝗰𝗼 𝗻𝗮 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗱𝗮 𝟮𝟬𝟯𝟬 𝗲 𝗻𝗼 𝗱𝗲𝘀𝗲𝗻𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘀𝗼𝘀𝘁𝗶𝗯𝗹𝗲 🎓👦🏻 Un total de 165 alumnos e alumnas de sexto de primaria e de primeiro de ESO pertencentes aos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron o venres 5 de abril no Pleno Infantil, convocado polo Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila. A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible foron o eixo temático sobre o que versou a sesión plenaria, que foi presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e contou coa presenza do tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo; a concelleira de Cultura, Educación e Festexos, Samanta Barreira; a concelleira de Seguridade Cidadá, Tráfico e Protección Civil, Cándida Couñago; e a concelleira de Benestar Social, Rosario Rodríguez. Cada centro educativo elixiu dous obxectivos: O CEIP Princesa de España, Educación de calidade e Igualdade de Xénero; o CPR Mercedarios, Saúde e benestar e Acción polo Clima; o CEIP Amaro Refojo, Enerxía asequible e non contaminante e Produción e Consumo Responsables; e o CPR María Inmaculada a Erradicación da Pobreza e as posibles alianzas para lograr os obxectivos. Tamén durante o transcurso do pleno infantil, o alumno Adrián Colmenero Martínez do centro educativo María Inmaculada foi elixido alcalde infantil de Verín 2024. Por último, o alumnado tivo a oportunidade de formular preguntas e propostas sobre estas temáticas e os proxectos que se están a levar a cabo en Verín. 𝗢 𝗣𝗹𝗲𝗻𝗼 𝗜𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹 O Pleno infantil foi concebido conxuntamente polo Concello e os centros educativos da vila coa finalidade de fomentar a concienciación da mocidade verinesa sobre diferentes temáticas que son fundamentais para o seu desenvolvemento persoal e social. «Neste caso», salientou o alcalde de Verín, «consideramos que é fundamental educar ao alumnado desde as idades máis temperás para conseguir xerar conciencia sobre a importancia do desenvolvemento sostible da nosa sociedade».

Comments