Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб NO BICO UN CANTAR "A Rianxeira" в хорошем качестве

NO BICO UN CANTAR "A Rianxeira" 1 год назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



NO BICO UN CANTAR "A Rianxeira"

Historia da canción "A Rianxeira", con versións de Xabier Blanco, Abe Rábade, Cuarteto Egeria, Xosé Romero, Emilio Rúa, Faltriqueira, Jobó e outros. Programa NO BICO UN CANTAR, emitido en TVG o 1 de xaneiro de 2013. O Coro Castelao, na fotografía, gravou en Bos Aires en 1948 a primeira versión da Rianxeira, que titularían “Ondiñas da nosa ría”. Era unha composición do director do coro, Anxo Romero, que aparece de corbata no centro da fotografía, con letra doutro rianxeiro emigrado coma el, Xesús Frieiro “Pinciñas”, o cuarto pola dereita na fila superior. Esta primeira versión, que estrearon para recibir a Castelao, o ilustre escritor rianxeiro, cando volveu a Bos Aires despois de deixa-lo cargo de ministro da República no exilio, enseguida se fixo popular, pero colleu maior auxe cando en Galicia tódalas corais comezaron a incluíla no seu repertorio, cos arranxos de Bernardo del Río, que a gravou en 1952 con Cantigas e Agarimos. Esta nova versión cambiaba tamén a letra. Mentres que na orixinal se falaba sobre todo da muller de Rianxo, as novas estrofas facían referencia á Virxe de Guadalupe, a protagonista das festas grandes dos rianxeiros. De todas estas cousas tratará o primeiro capítulo de No bico un cantar. E mentres se escoitan distintas versións da Rianxeira, interpretadas con gaita, guitarra ou piano, irase descubrindo a historia da canción, coa axuda de Andrés Lojo, un dos homes que participaron na gravación orixinal en Bos Aires.

Comments