Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб NO BICO UN CANTAR "Unha noite na eira do trigo" в хорошем качестве

NO BICO UN CANTAR "Unha noite na eira do trigo" 1 год назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



NO BICO UN CANTAR "Unha noite na eira do trigo"

NO BICO UN CANTAR Nº 9 UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO Data de emisión: 5 de marzo do 2013 “Unha noite na eira do trigo” é outro exemplo de cómo a arte dun gran poeta e a dun gran músico se unen para crear unha canción inmortal. Neste caso foron o poeta Manuel Curros Enríquez e o mestre compositor José Castro “Chané” os autores dunha obra que se popularizou en Cuba e que fala dun amor truncado pola emigración. Curros, que sería unha das grandes figuras do Rexurdimento galego, con Rosalía e Pondal, naceu en Celanova en 1851 e morreu na Habana. Marchou a Madrid con quince anos e non cumprira aínda dezaoito cando escribiu a letra da canción, á que titulou Cántiga. Pero enseguida comezou a ser coñecida popularmente como “Unha noite na eira do trigo”. Non deixa de resultar curioso que Curros escriba a canción máis dramática sobre a emigración ós 17 anos e antes de emigrar. A primeira vez que se musicou o poema foi coa axuda dunha guitarra e o autor foi o estudante Alonso Salgado, que compartía cuarto con Curros. Anos despois, o compositor Xoán Montes fixo unha versión para voz e piano. Pero sería a melodía do mestre “Chané”, outro emigrado a Cuba con quen Curros fixo moita amizade, a que quedaría para a historia. En No bico un cantar nº 9, adicado a “Unha noite na eira do trigo” contaremos a apaixoante historia desta canción coa colaboración de: Xosé Neira Vilas, Marica Campo, Uxía, Xosé López Calo, Maximino Zumalave, Margarita Soto Viso, Xaime Estévez e Abe Rábade. Algúns dos músicos que interpretarán esta peza no programa son: Uxía, Rosa Cedrón e Cristina Pato, Astarot, Cuarteto Egeria, Abe Rábade, Victor Aneiros Band & Paula Martins e a Real Filharmonía de Galicia, entre outros.

Comments