Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб Galegos no mundo - Programa 85: Atenas в хорошем качестве

Galegos no mundo - Programa 85: Atenas 9 лет назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



Galegos no mundo - Programa 85: Atenas

ido na TVG o martes 11/11/14. O espazo “Galegos no Mundo” ten hoxe como destino Atenas, capital de Grecia e unha das cidades máis antigas do mundo. Na antigüidade foi o epicentro de toda a vida económica, política e social da cultura occidental e tivo unha grande importancia na formación da democracia e de moitos conceptos que rexen a nosa cultura na actualidade. Ademais do seu pasado, Atenas é na actualidade unha cidade mediterránea, chea de vida e balbordo, que ofrece múltiples posibilidades. O programa da TVG visitará a capital grega con María José Martínez, unha muller natural de Ferrol que leva 35 anos no país heleno e que amosará o Partenón, o extraordinario templo dedicado á deusa Atenea; e con Sara Moreno, deseñadora de moda que namorou dun grego, razón pola que veu desde o seu Nigrán natal ata Grecia e que ensinará o estadio que acolleu en 1896 os primeiros xogos olímpicos da era moderna. O Pireo é o porto de onde saen todos os barcos para as máis de dúas mil illas que hai en Grecia. Alí vive desde hai dous anos Xavier Bello coa súa parella grega e a súa filla. Con este santiagués, “Galegos no Mundo” irá a unha das illas habitadas que están máis próximas a Atenas: Égina. Outros dos protagonistas desta noite serán Teresa Infante, do Vicedo, unha namorada de Grecia que hai 25 anos deixou a súa praza fixa de profesora en Galicia e montou unha academia de idiomas en Atenas; e José Faro, un vigués que leva catro meses na cidade traballando para unha compañía de voo e que acompañará o equipo do programa á praza Syntagma, moi coñecida en todo o mundo a raíz das manifestacións do pobo grego contra os recortes que se fixeron no país desde o comezo da crise económica.

Comments