У нас вы можете посмотреть бесплатно DAKIDARRÍA - Somos Nós (Lyric Video) или скачать в максимальном доступном качестве, которое было загружено на ютуб. Для скачивания выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru
Tercer sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022 Gravación de Audio: Planta Sónica Estudios (Vigo) e A Carpintería Recording Studios (Nigrán) Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios) Coa colaboración de: Pedro Fariñas (Caldo) - Gaita Juanan (Malos Vicios) - Guitarra Iolanda Perez - Aturuxo Toje e Carlos (Xente tóxica), Breo e Nestor (Seitura) e Lele (Guerrilla antifascista) - Coros Realizado por Miguel Duarte Gráficas de Miguel Duarte PARTE DA METRAXE EMPREGADA FOI EXTRAÍDA DE: Talleres Alonarti Sociedad La Artística Ltda. (José Gil,1928) Porriño en Buenos Aires (Eligio González, 1942) Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958) Cargas policiais na manife contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer, XIII Marcha ás cadeas pola liberdade dos presos independentistas Concentración en repulsa da agresión fascista no CS A Revolta Concentración pola absolución de Chema Naia diante dos xulgados de Fontiñas (Galiza Contrainfo, 2017, 2019, 2021) AGRADECEMENTOS: CGAI, GALIZA CONTRAINFO Management: Iván de la Mata https://elgarajeproducciones.com/ LETRA (adaptada dos poemas “Galicia” e “A fala” de Manuel Maria) Galiza docemente está ollando o mar, ten vales e montañas e terras para labrar, ten portos mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos e de trafegos. A nosa terra nai, velliña e soñadora, na voz da gaita rise, na voz da gaita chora. Non só é o que vemos, a terra o mar e o vento… hai outra Galiza no sentimento! O compromiso da nosa xente, o patrimonio do noso pobo, maxicamente vello, eternamente novo. A lingua é a forza que nos xungue e nos sostén e se a perdemos non seremos ninguén. Renunciar aos principios é ser mudo e morrer, precisamos de ti se queremos vencer. Galiza somos nós, o latexo, a liberdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Galiza somos nós, o pobo e máis a fala, o lume que alampea nas barricadas. Galiza son as presas e a solidariedade, un pobo en busca da súa liberdade. Galiza somos nós, o pobo e máis a fala, a nosa terra nai! Galiza somos nós, o latexo, a liberdade, a terra, o mar e o vento… Hai outra Galiza no sentimento! #dakidarria #somosnos #lyricvideo