Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta) в хорошем качестве

A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta) 6 месяцев назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Letra: Luísa Villalta Música: A banda da Loba Gravación e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios) Vídeo: Seispés Producións Creativas Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística Con esta combinación de tres poemas sacados de "As palabras ingrávidas" continuamos coa nosa homenaxe a Luísa Villalta, autora á que se lle dedican as Letras Galegas deste 2024. “As palabras ingrávidas” é un poemario en construción que a autora estaba a escribir nun almanaque poético producido pola casa portuguesa Assírio&Alvim para o ano 2004. Nel atopamos a orixinal resposta de Luísa Villalta ao poema que se presentaba no calendario para cada día. Son composicións breves e concisas, pero cunha forte carga emocional. A quietude nas agullas do reloxo, a necesidade humana de florecer cando só nos quedan espiñas... e a liberdade ao bailar! CRUEL FILOSOFÍA Danzas no tempo que aínda é mar. Danzas no tempo que aínda é mar e non chega. Danzas no tempo que aínda é mar. Danzas no tempo, eu xa dancei tamén eu xa dancei tamén eu xa dancei tamén supondo que regresaba con cada golpe de luz con cada golpe de luuuuuuuuuz Cruel filosofía: florecer nas espiñas Cruel filosofía: florecer Cruel filosofía: florecer nas espiñas, flor, florecer! Todos os feixes están Todos os feixes están sempre por atar Todos os feixes están Todos os feixes están sempre por atar e o baile non ata e o baile non ata e o baile non ata Cruel filosofía: florecer nas espiñas Se é posíbel que as órbitas de dous astros remotos se crucen Por que desconfiar da felicidade?

Comments