Русские видео

Сейчас в тренде

Иностранные видео


Скачать с ютуб 'Nigrán na Memoria'- Rosalía González, última redeira de Panxón в хорошем качестве

'Nigrán na Memoria'- Rosalía González, última redeira de Panxón 1 год назад


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru



'Nigrán na Memoria'- Rosalía González, última redeira de Panxón

Rosalía González, de 94 anos, pertencente a unha gran familia mariñeira con ancestros que nin coñeceron os barcos a motor e representa á última xeración de redeiras de Panxón. “Empecei con 17 anos. Encantábame traballar na rede. Éramos só mulleres e íamos tamén a Baiona, Canido ou Saiáns, e todo andando”, indica mentras enumera os diferentes barcos e os seus patróns ou as diferentes artes de pesca que existían entón e para que servían. “Hoxe en día xa se ocupan os mesmos propietarios de atar as redes”, explica Rosalía, quen todavía recorda “o grande que era a Praia de Panxón”, onde se sentaba a traballar de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 e practicamente todo o tempo cantando. “Pasabamos moito frío e moito calor, era duro”, e esta dureza multiplicábase co seu home no Gran Sol durante meses e ela soa a cargo dos fillos. “Non estivo presente nos nacementos e cando chegaba a terra os críos lle escapaban porque non o coñecían”. Rosalía tivo que compaxinar o traballo de redeira con outros oficios, como mariscar longueirón e cadelucha en Panxón e croques en Lourido. “Despois da Guerra todo foi moi duro pero había moito peixe que nos salvou da fame, o comiamos á brasa porque nin para aceite tiñamos”, rememora.

Comments