У нас вы можете посмотреть бесплатно Dios Ke Te Crew | OG | feat. Boyanka Kostova или скачать в максимальном доступном качестве, которое было загружено на ютуб. Для скачивания выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса savevideohd.ru
DIOS KE TE CREW ft. BOYANKA KOSTOVA - "OG" (Videoclip) "OG" é o primeiro video-sinxelo de adianto do vindeiro EP de Dios Ke Te Crew. ___________________________________________ CRÉDITOS Música: Música: Mou Letras e voces: Dios Ke Te Crew & Boyanka Kostova Scratches: Padre Murdock Gravado e mesturado por Mou en Rapapoulo Estudios, Ordes. Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.) DKTC SONS © CRÉDITOS Vídeo: Dirección: Xaime Miranda DoP: Iago Vilarinho 1st AC: Daniel Rodríguez Maquillaxe e perruquería: Iria Parras Vestiario: Alejandra Martín Xoias: Jhamiluv Dirección de Arte: Manuel Miranda Edición e cor: Xaime Miranda Coa aparición especial de Daripovich Overmans e Nuno Amore, e a colaboración de Hotel Nogallás, Ordes, e Kaméleon Vintage, Santiago de Compostela. ___________________________________________ LETRA V/ORIXINAL: Son un OG... Orixinal Galego... Son un OG... Orixinal Galego... SONNY SOCRETT: Son máis galego que o feísmo, atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo, non te achegues por aquí se non queres ver muralismo porque son un OG..., avant garde dos que inventan ismos. “OGismo”, este tema é o manifesto, un emblema para que poida seguir o resto, un sistema superchovinista, crema para que untes nesa autoestima tan enferma. IVAYLO: Son máis galego que un cego de licor café, que ir a misa un domingo e ao saír ir a beber, máis galego que o “Xénese” de DKTC, que o fondo azul cas gaivotas do PP. OG como un patrón con boina e con bastón que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón andando como Fraga con paso vacilón, se ves falando castrapo, os OG´s din, “así non”. XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA: Chegan os OG´s, denominación de orixe como a fariña do país, chegan os Big Pimps, coma patróns, facendo lowrider en chimpíns, matando peregríns con chanclas e calcetíns. Orixinal galaicos, coma movendo os marcos, releando na feira, niso nunca fomos mancos... Din que non se sabe se subimos ou baixamos, perfecto, como nos gusta facervos parvos. JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA: Son máis galego que un polvo nunha palleira, ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira, ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro, ou que ter morriña primeiro e logo xenreira... Son tan galego que se subo, subo para arriba, se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho; a cooperativa OG non ten despacho, temos sede... sede de beber nalgún furancho. OG... Orixinal Galego... Son OG... Orixinal Galego... ROMAN CICIĈ: Son un OG... De Ordes a Santiago cheira a Dios o que lle botas ao piti... Da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un quiqui... Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG... Un OG... IVAYLO: Calidade no sangue e na carne como a tenreira, os OG´s están na taberna co licor de herbas, vella escola, botando esterco e pisando bosta, nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba. Orixinal galego como os guiris en Santiago, como ir limpar o monte ao teu terreo privado, rimando con frases célebres e memorables como M. Rajoy no Congreso dos Diputados. SONNY SOCRETT: Máis galego que un somier exercendo de cancela... OG, ti gasta as pelas no Leroy Merlín; máis galego que a diglosia, esa mesma pola que te mereces con creces esta boa hostia... Máis que un ultramarinos-café bar ferretería-concesionario no mesmo pack e máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón, máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón... XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA: Máis galego que a Operación Nécora, máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora, typical galician como o lacón con grelos, colgados e afumados, recheos coma botelos. Vai por ghocevellos, ti oes visións... Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns, OG´s como o Albariño, o Godello, o Ribeiro, pura sangue da filloa, son puro can de palleiro. JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA: Orixinal, sen data de caducidade, dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade, os OG´s rimamos inda que ninguén escoite, disque os vagalumes brillamos na noite... Costumes; como facer dun galpón un casoplón en ben menos do que tarda en cantar un galo, só pura sorte? Estás equivocado, se a brúxula sinala o Norte será por algo... OG... Orixinal Galego... Son un OG... Orixinal Galego... •••••••••• Web: https://www.diosketecrew.org/ Facebook: / diosketecrew Instagram: / diosketecrew_oficial Twitter: / diosketecrew